
Percorrimos xuntos un pedaciño das nosas vidas, pero agora debemos separarnos. É necesario que sexa así, pois cumprimos unha etapa e todos debemos seguir medrando.Vós comezades a Primaria e eu unha nova andaina noutro cole.
CINCO ANOS E MÁIS serviu como ventá para amosar aos demais o que faciamos no cole e tamén como unha ferramenta para adquirir dunha forma lúdica conceptos traballados na aula.
Este blog non existiría sen a axuda incondicional da profe Ana, que me ensinou todo o que sei. Moitísimas grazas Ana!!!
Moitos bicos e que gocedes das vacacións.
Déixovos unha serie de xogos para seguir aprendendo.
Números para todos: Tedes que elexir primeiro o idioma, despois o nivel e por último pinchades no debuxo do que queredes xogar. Podedes contar, buscar o modelo, formar parellas ou colocar formas no lugar correspondente.

Animais da granxa e domésticos: Tedes varios tipos de actividades para xogar cos animais.

Xoga e aprende: Aquí atoparedes unha gran variedade de xogos educativos e outros para aprender xogando que é o que máis nos gusta.

Xogando coas formas: Xogo moi divertido para xogar coas formas. Tedes catro niveis de dificultade.

Diferenzas: atopade as seis diferenzas que hai entre os dous debuxos.









