sábado, 26 de diciembre de 2009

XA É NADAL!!!


Xa estamos en Nadal e para celebralo fixemos un festival moi chulo. A profe Ana sacounos unhas fotos. A que estamos moi guapos?.








Grabamos as dúas actuacions e aquí podedes ver o ben que o fixemos!!!!


martes, 15 de diciembre de 2009

XA CHEGOU O NADAL!!


Xa faltan poucos días para a chegada do Nadal e no cole estivemos decorando a nosa clase e o corredor. Fixemos moitas estrelas, decoramos a árbore cunha canción que imos interpretar no Festival e tamén un bonito tren conducido por Papa Noel coas nosas fotos entre outras moitas cousas.

Ainda que me imaxino que as vosas casas xa están decorados podedes seguir decorando con este xogo que vos deixo aquí.


viernes, 27 de noviembre de 2009

Visita á Fundación Caixa Galicia. Ferrol

Hoxe o pasamos moi ben na Fundación Caixa Galicia, fixemos un percorrido polo mundo grazas a exposición fotográfica "Auga, o sangue da Terra" de Manuel Valcárcel, onde vimos as paisaxes de Nova Zelanda, o río Ganxes, os arrozais de China, Níxer para tomar conciencia sobre o uso responsable de este ben escaso.


Que vos parece o noso mar libre de residuos que fixemos no taller? A que nos quedou moi ben!!



lunes, 23 de noviembre de 2009

DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS

Van xan vinte anos dende que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas fixo a declaración dos Dereitos do Neno no ano 1989. Estes dereitos agrúpanse en cinco categorías: dereitos á supervivencia, dereitos ó desenvolvemento, dereitos a protección, á participación e por último dereitos a ser escoitados.Na nosa clase traballamos sobre o DEREITO Á EDUCACIÓN . Aquí vos deixamos unha mostra dos preciosos debuxos que fixemos aínda que ese día só eramos catro na clase.




martes, 10 de noviembre de 2009

A PIZARRA DIXITAL

Como cada martes hoxe subimos á pizarra dixital. O pasamos xenial!!
Queredes ver algunhas fotos?



XA ESTAMOS AQUÍ




Somos os nenos e nenas da aula de cinco anos do Colexio de Pazos (Ferrol) e estamos coa nosa profe Ángeles. Hoxe vos presentamos o noso blog de aula:"CINCO ANOS E MÁIS". Esperamos que vos guste tanto como a nós.