viernes, 27 de noviembre de 2009

Visita á Fundación Caixa Galicia. Ferrol

Hoxe o pasamos moi ben na Fundación Caixa Galicia, fixemos un percorrido polo mundo grazas a exposición fotográfica "Auga, o sangue da Terra" de Manuel Valcárcel, onde vimos as paisaxes de Nova Zelanda, o río Ganxes, os arrozais de China, Níxer para tomar conciencia sobre o uso responsable de este ben escaso.


Que vos parece o noso mar libre de residuos que fixemos no taller? A que nos quedou moi ben!!



lunes, 23 de noviembre de 2009

DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS

Van xan vinte anos dende que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas fixo a declaración dos Dereitos do Neno no ano 1989. Estes dereitos agrúpanse en cinco categorías: dereitos á supervivencia, dereitos ó desenvolvemento, dereitos a protección, á participación e por último dereitos a ser escoitados.Na nosa clase traballamos sobre o DEREITO Á EDUCACIÓN . Aquí vos deixamos unha mostra dos preciosos debuxos que fixemos aínda que ese día só eramos catro na clase.




martes, 10 de noviembre de 2009

A PIZARRA DIXITAL

Como cada martes hoxe subimos á pizarra dixital. O pasamos xenial!!
Queredes ver algunhas fotos?



XA ESTAMOS AQUÍ




Somos os nenos e nenas da aula de cinco anos do Colexio de Pazos (Ferrol) e estamos coa nosa profe Ángeles. Hoxe vos presentamos o noso blog de aula:"CINCO ANOS E MÁIS". Esperamos que vos guste tanto como a nós.