martes, 15 de diciembre de 2009

XA CHEGOU O NADAL!!


Xa faltan poucos días para a chegada do Nadal e no cole estivemos decorando a nosa clase e o corredor. Fixemos moitas estrelas, decoramos a árbore cunha canción que imos interpretar no Festival e tamén un bonito tren conducido por Papa Noel coas nosas fotos entre outras moitas cousas.

Ainda que me imaxino que as vosas casas xa están decorados podedes seguir decorando con este xogo que vos deixo aquí.


2 comentarios:

Chispa dijo...

Ola peques:
encantoume decorar a árbore; supoño que vós xa fariades algunha práctica; eu enchino de adornos e puxen candeas na cheminea porque non fun quen de acender o lume. Que ben, gustoume moito e voullo ensinar a Roi o caracol. A ver se el sabe facelo igual de ben ca min.
Bicos da vosa amiga.

profe Rosa dijo...

Pero que chulo está este tren!!! E como alegra o corredor do noso cole. Sempre enchendo de cores o noso camiño á aula. Gracias Ánxeles, a tí e aos teus nenos.