viernes, 25 de junio de 2010

A MIÑA DESPEDIDA





Percorrimos xuntos un pedaciño das nosas vidas, pero agora debemos separarnos. É necesario que sexa así, pois cumprimos unha etapa e todos debemos seguir medrando.Vós comezades a Primaria e eu unha nova andaina noutro cole.


CINCO ANOS E MÁIS serviu como ventá para amosar aos demais o que faciamos no cole e tamén como unha ferramenta para adquirir dunha forma lúdica conceptos traballados na aula.
Este blog non existiría sen a axuda incondicional da profe Ana, que me ensinou todo o que sei. Moitísimas grazas Ana!!!
Moitos bicos e que gocedes das vacacións.
Déixovos unha serie de xogos
para seguir aprendendo.








Números para todos: Tedes que elexir primeiro o idioma, despois o nivel e por último pinchades no debuxo do que queredes xogar. Podedes contar, buscar o modelo, formar parellas ou colocar formas no lugar correspondente.




Animais da granxa e domésticos: Tedes varios tipos de actividades para xogar cos animais.



Xoga e aprende: Aquí atoparedes unha gran variedade de xogos educativos e outros para aprender xogando que é o que máis nos gusta.



Xogando coas formas: Xogo moi divertido para xogar coas formas. Tedes catro niveis de dificultade.




Diferenzas: atopade as seis diferenzas que hai entre os dous debuxos.






miércoles, 23 de junio de 2010

FIN DE CURSO


Onte rodeados dos nosos familiares, compañeiros e mestres celebramos o festival de Fin de Curso. Foi un festival moi bonito xa que nel ensinámoslles a todos os grandes artistas que somos neste cole.
Aquí tedes o video da nosa actuación e tamén o baile das nenas pequenas (Alba, Sabela, Alejandra, Irene, Sofía, Elia, Paula e Sara) de ximnasia rítmica axudadas por Laura, Michelle e Lucía. Que gusto velas bailar!!
Recordade que podedes ver as demais actuacións na web do cole e en pequespazos.







lunes, 21 de junio de 2010

XA REMATAMOS INFANTIL!!!



AOS
NOSOS PAIS E MESTRES

A TODOS EN XERAL

QUERÉMOSLLES DICIR

QUE REMATAMOS UNHA ETAPA

QUE CHEGAMOS AO FINAL

E AGORA NON SABEMOS

SI RIR OU CHORAR.

APRENDIMOS MOITAS COUSAS:

A QUERERNOS, A COMPARTIR

A AXUDAR AOS DEMAIS

NÚMEROS, LETRAS, POESÍAS, CONTOS…

MEU DEUS ¡QUE BARBARIDADE!

E AGORA NON SABEMOS

SI RIR OU CHORAR.

POIS, ¡BÁGOAS FÓRA!

IMOS TODOS RIR:

¡IMOS TODOS BAILAR!

QUE MAÑÁ É OUTRO DÍA

E HAI QUE VOLVER EMPEZAR.


Mañá celebramos a festa de fin de curso e nós preparamos o baile da canción "Soy una taza". Aquí os poño o programa para saber no que lugar actuamos.


Festival Fin de Curso

22 de xuño

1. Monicreques "Os tres porquiños" 2. Poemas de 5º: "Primavera". 3. Baila 3 e 4 anos: "O señor da serra" 4. Obra inglés: "Run giraffe run" 5. Poema de 6º: "conto de medo" 6. Exhibición de ximnasia rítmica (peques) 7. 4º "Romance de lavandeira" 8. Obra "A lúa quería casar", de 1º e 2º 9. Canción 5 anos: "Soy una taza" 10. Exhibición de ximnasia rítmica (maiores) 11. Obra de 3º: "A memoria das árbores" 12. Audiovisual Xoán Farias. 13. Exhibición de ximnasia rítmica (medianas) 14. Entrega de Orlas 15. Maleta de Chispa


miércoles, 16 de junio de 2010

DESPOIS DE SECAR... A DEBUXAR



Xa deixamos que secara o papel reciclado e decidimos facer uns debuxos nel. Este é o resultado. A que nos quedou moi bonito?





viernes, 11 de junio de 2010

FACEMOS PAPEL!!!



Parece mentira que a partir duns anacos de papel metidos en auga e despois triturados consigamos facer papel no que podemos escribir, debuxar...

Moitas grazas á profe Feli que nos ensinou a facer papel reciclado. Xa nos ensinara cando eramos máis pequenos e só nos lembrábamos de certas cousas. Agora que xa somos un pouco máis grandes e prestamos máis atención recordaremos con máis facilidade todo o proceso que é moi sinxelo.

Recordade:
  • Primeiro temos que facer anacos de papel e metelos en auga durante polo menos un ou dos días.
  • Segundo, triturar coa batidora esa mezcla e xa está lista para facer o papel.
  • Terceiro, temos que deixar secar o papel no periódico durante uns días e xa está listo para utilizar.
No vídeo podedes ver como o fixemos. A que é moi fácil!!!!



miércoles, 9 de junio de 2010

MUNDIAL DE FUTBOL


Faltan dous días para o comezo do Mundial de Futbol que nesta ocasión celébrase en Sudáfrica. Para ir animando á nosa selección e as demais seleccións temos este xogo para vestirnos coa indumentaria de cada equipo.




sábado, 5 de junio de 2010

Moitas especies. Un planeta. Un futuro.


O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Nesta data estamos chamados a ser máis "verdes" e protexer o planeta para as xeracións futuras. O lema deste ano é Moitas especies. Un planeta. Un futuro.
Para axudar ao medioambiente é necesario recordar as cinco erres: reciclar, reusar, reducir, recuperar e rechazar.
Si queredes xogar un pouco ide a Medrando Xuntos que ali a profe Ana ten un xogo para axudar ao noso planeta.

lunes, 31 de mayo de 2010

INVASIÓN DE GUSANOS


No cole temos unha invasión de gusanos de seda. Dos ovos do ano pasado sairon uns pequenos gusaniños que cada día están mais grandes e comen morera a todas horas. Este ano imos ver todo o proceso da súa transformación en volvoretas. Pinchade na foto do gusano si queredes saber máis.
Para pasar un rato xugando deixovos estos xogos, pinchade na imaxe de cada xogo e a xogar!!!




Podemos facer uns puzzles das diferentes etapas polas que pasa o gusano de seda. O puzzle pode ser moi sinxelo pero si queremos podemos complicalo. Intentade falelo o máis dificil posible, xa veredes que divertido é.




Como sei que vos gusta moito colorear aquí tedes a Bertín o gusaniño de seda para ser uns verdadeiros artistas.





viernes, 28 de mayo de 2010

A NOSA PRIMAVERA




A primavera está en todo o seu explendor, os campos están cheos de flores, e no noso cole tamén, estos días apareceron polo corredor un grupo de flores. Aquí tedes o proceso que realizamos para conquerir un campo tan florido.





sábado, 22 de mayo de 2010

A NOSA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS


Aínda que con un pouco de retraso, xa que tivemos que esperar aos de 5º e 6º que ían de excursión a Cantabria, celebramos na biblioteca a conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Nós preparamos esta poesía sobre o cuco que escribiu Uxío Novoneyra.


CANTA O CUCO, CALA E CANTA
DOS CASTIÑEIROS DO VAL.
PASA O TEMPO E NON DI NADA
E VOLTA O CUCO A CANTAR.




Aquí tedes a nosa actuación, a pena que só eramos catro pero nos saiu moi ben.



sábado, 15 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010




O día das Letras Galegas adícase ao escritor Uxío Novoneyra. Nós no cole, como cada ano, elaboramos entre todos os nenos e nenas de Educación Infantil a súa biografía. Esta é unha maneira divertida de coñecer a vida e obra do autor a quen se lle adica este día tan importante para a nosa lingua.
Aquí tedes o resultado.



domingo, 9 de mayo de 2010

FELIZ DÍA DE EUROPA

Hoxe conmemoramos o día de Europa. A orixe desta celebración a ten en que nese día Robert Schuman presentou unha proposta para a creación dunha europa organizada requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas.

Esta propuesta, conocida como Declaración Schuman, é considerada como o xermen da creación do que actualmente é a Unión Europea.

O 9 de maio convertiuse no símbolo europeo (día de europa), que xunto coa bandeira, o himno, o lema e a moeda única (euro) identifican a identidade política de Unión Europea.


Si tedes ganas de xogar un pouco podenes visitar medrando xuntos que alí a profe a Ana ten uns xogos moi divertidos. Teñen algunha dificultade pero coa axuda de amiores podedes xugar con algún.
Moi feliz día!!!

domingo, 2 de mayo de 2010

FELIZ DÍA MAMÁ

Moitas felicidades a todas as nais. Para celebrar este día decidimos facer un debuxo das nosas nais. Espero que vos gusten.


jueves, 29 de abril de 2010

MENUDOS CONDUTORES!!!



Onte vivimos unha experiencia fantástica, na antiga estación do tren de Barallobre está situado o Parque de Educación Viaria de Fene. Alí ensináronnos as primeiras nocións teóricas e prácticas sobre este tema. Estivemos moi atentos as explicacións das monitoras e aquí tedes uns videos da nosa práctica. Que ben o pasamos!!!!




Si queredes ver as fotos e aos maiores conducindo ide a pequespazos ou a medrandoxuntos.

lunes, 26 de abril de 2010

APRENDEMOS A CONDUCIR


O xoves imos demostrar o bo condutores que somos pero para practicar temos este xogo. Pincha na imaxe e a xogar!!!

viernes, 23 de abril de 2010

INVENTAMOS CONTOS


Hoxe celebramos o día do libro e Chispa trouxo do Pais dos libros un montón deles e nós queremos regalarlle unha das nosas creacións: Inventamos contos. Esperamos que vos gusten, a nós gustounos moito facelos.




FELIZ DIA DO LIBRO

Hoxe celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. A orixe desta celebración débese a que o 23 de abril conmémorase o pasamento de dous escritores:


o español Miguel de Cervantes y Saavedra,




e o inglés William Shakespeare
.

Disfrutade deste día, como non, lendo un libro. Feliz día!!!


martes, 20 de abril de 2010

DÍA DA TERRA


O 22 de abril celebramos o 40 aniversario do día da Terra. Moitos habitantes do planeta toman conciencia dos serios problemas de contaminación que xeramos no noso planeta. No día da Terra estamos convidados a participar en actividades que promovan a saúde do noso planeta, tanto a nivel global como rexional e local.

Deixovos tamén un video cunha canción de Luz Casal
que espero que nos axude a concienciarnos do bonito que é o noso planeta e o feo que podemos chegar a deixalo.
Coidar o planeta é moi importante!!!






Tamén para pasar un rato entretido xogando podemos axudar a un paxariño cando cae da árbore para que non se faga dano. Espero que vos guste.



domingo, 11 de abril de 2010

POESÍA E IMAXE

Como cada ano participamos no Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe, promovido polo concello de Ferrol e pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.
A poesía que eleximos para ilustrar é a de Robert Louis Stevenson que tedes a continuación.




Antes de ilustrala traballamos sobre ela, a limos e conversamos sobre o que falaba, xogamos coas nosas sombras e experimentamos con elas, como crecían e minguaban, a cor da nosa sombra, a forma dela.....
Aquí tedes o resultado do noso traballo :




domingo, 4 de abril de 2010

XA É PASCUA!!!

Hoxe domingo de Pascua os padriños regálanlles aos seus afillados ovos de chocolate ou roscas. Para facelos é necesario que as galiñas poñan ovos, pero estas teñen un problema, axudaas a que non se lles rompan. Pincha na imaxe e a xogar!!!

Tamén podes axudar ao coello a coller ovos, pero so os que teñen estreliñas.



viernes, 2 de abril de 2010

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Como cada ano dende 1967, o 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, un día que, ademais de servir para facer chegar o amor polos libros aos máis pequenos, conmemórase o nacemento do popular escritor danés Hans Christian Andersen. Varios dos seus contos son moi coñecidos por todos nós, O patiño feo, O soldadiño de chumbo...

Como estamos de vacacións deixovos uns videos destes contos para que estedes entretidos.



Tamén escribiu contos menos coñecidos como As flores da pequena Adia que espero que vos guste.