viernes, 29 de enero de 2010

DÍA ESCOLAR DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e queremos compartir con todos vós os nosos mellores desexos.

Neste día os colexios convírtense en instrumentos de paz e entendimento entre as persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Non debemos esquecer que a escola é o reflexo dunha sociedade na que hemos de contribuir, a través da educación, a concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seno dunha sociedade libre, xusta, responsable e en paz.Por iso, debemos fomentar unha educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto dos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Contamos coa colaboración de todos vós, para que xuntos podamos conquerir cada vez un mundo mellor.

Como o día 30 de xaneiro é sábado preparamos para o venres varias actividades no nos cole, como a elaboración dun libro colectivo para a biblioteca, cantanos a canción "Que vivan a paz e o amor".

Tamén queremos aportar este video con unha canción sobre a paz e a non violencia. Espero que vós guste e o disfrutedes.


viernes, 22 de enero de 2010

AFORRANDO ENERXÍAS


Hoxe despídese do noso cole a exposición "Aforrando enerxías" da asociación Lapis Verde.


A exposición gustounos moito xa que a través de varias ilustracións de Leandro Lamas intentan concienciarnos sobre o aforro da enerxía. Intentaremos seguir os seus consellos. Cada un de nós elexíu un panel e aquí tedes a mostra da nosa elección.