viernes, 19 de febrero de 2010

MIRANDO AO CEO



Onte pola noite fixemos unha excursión moi especial, fomos a aula ambiental de RECICLATERRA a ver a Lúa e as estrelas. Tivemos moita sorte xa que entre nube e nube conseguimos poder velas, parecía coma si as poideramos tocar.



jueves, 18 de febrero de 2010

ASÍ NOS DISFRAZAMOS




O pasado venres celebramos a festa do Entroido. O cole transformouse por un día no Ferrol da Ilustración. Encheuse de Donas e Cabaleiros que o pasaron moi ben. Primeiro fixemos un desfile no salón de actos e fotografiáronnos co noso Meco Ilustrado, a continuación saímos ao patio a despedirnos del lendolle os Testamento que fixeron os nenos e nenas do 2º e 3º Ciclo. Que frío pasamos!!!! Menos mal que a súa queima quentounos un pouco e como isto non chegou as nais da ANPA fixéronnos un chocolate que estaba boísimo.


QUE BEN O PASAMOS!!!



martes, 9 de febrero de 2010

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

O Entroido é unha das festas máis celebradas e populares do noso país. Pronto chegará e mentres tanto, podemos dar renda solta á nosa imaxinación coa páxina oficial das “TRES MELLIZAS” onde temos ideas para disfrazarnos, caretas para imprimir e recortar e tamén a posibilidade de disfrazar ás Tres Mellizas. É moi divertida e interesante.


martes, 2 de febrero de 2010

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ


O pasado venres 29 celebramos no colexio o Día da Paz. Xuntámonos todos na biblioteca e alí limos e vimos moitas cousas relacionadas coa PAZ: Un power point da "teacher" Isabel que leron unhas nenas de quinto, unha poesía tamén en inglés que leron os nen@s de terceiro, un poema en galego preparado polas profes de relixión, un power point da profe Rosa que nos ensinou que no respecto ás diferencias tamén está a Paz, e por suposto limos o noso libro colectivo da PAZ.

A continuación, no salón de actos todos tiramos ao mesmo tempo o noso avión con mensaxe e recollimos o de outro compañeiro ou compañeira. E rematamos cantando coma sempre a nosa canción para a paz: ¡QUE VIVAN A PAZ E O AMOR!

Si queredes ver todas as fotos dese día podedes ir a BIBLIOSPAZOS ou a pequesPazos .

Aquí queda a nosa actuación dicindo a Poesía da Paz que aprendimos coa profe Ángeles.