martes, 2 de febrero de 2010

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ


O pasado venres 29 celebramos no colexio o Día da Paz. Xuntámonos todos na biblioteca e alí limos e vimos moitas cousas relacionadas coa PAZ: Un power point da "teacher" Isabel que leron unhas nenas de quinto, unha poesía tamén en inglés que leron os nen@s de terceiro, un poema en galego preparado polas profes de relixión, un power point da profe Rosa que nos ensinou que no respecto ás diferencias tamén está a Paz, e por suposto limos o noso libro colectivo da PAZ.

A continuación, no salón de actos todos tiramos ao mesmo tempo o noso avión con mensaxe e recollimos o de outro compañeiro ou compañeira. E rematamos cantando coma sempre a nosa canción para a paz: ¡QUE VIVAN A PAZ E O AMOR!

Si queredes ver todas as fotos dese día podedes ir a BIBLIOSPAZOS ou a pequesPazos .

Aquí queda a nosa actuación dicindo a Poesía da Paz que aprendimos coa profe Ángeles.


video

0 comentarios: