domingo, 28 de marzo de 2010

DÍA MUNDIAL DO TEATRO


Dende o ano 1961 o Instituto Internacional do Teatro, celebra o 27 de marzo como o Día Mundial do Teatro.

Nós na escola tamén o celebramos e aprobeitamos a proximidade do Día da Poesía para facelo dunha maneira conxunta. Nesta ocasión coincidiu coa finalización do trimestre e que mellor ocasión para ensinarvos a poesía que aprendinos sobre o inverno "Abrigome en inverno"

miércoles, 24 de marzo de 2010

XOGAMOS COS SENTIDOS

Durante estos días estivemos aprendendo moito sobre o noso corpo. Para seguir aprendendo mais cousas temos un xogo dos sentidos, espero que vos guste e o pasedes moi ben aprendendo. Pinchade na image e a xogar!!!


domingo, 21 de marzo de 2010

DÍA DA POESÍA

Hoxe celebramos o día da poesía e por iso fixemos entre todos unha escolma de poemas que imos intercambiar co C.E.I.P. "O Ramo" de Fene e o C.E.I.P. "Unión Mugardesa" de Mugardos. Espero que vos gusten.


sábado, 20 de marzo de 2010

CHEGA A PRIMAVERA


Despois dun longo inverno xa chega a primavera, os días son máis longos, as árbores comezan a brotar, os campos empezan a estar cheos de flores, os paxariños fan os seus niños.... xa é primavera!!!

Deixo este conto, que espero que guste.




miércoles, 10 de marzo de 2010

UN CONTACONTOS ESPECIAL




Onte na biblioteca tivemos unha sesión de contacontos moi especial. Con motivo do día da muller traballadora as nais do noso cole participan nesta actividade que se realiza durante a semana. Non todas as mamás poden ainda que a elas lles gustaría moito, xa que como dixemos son mulleres traballadoras.


Ana, coa axuda de da súa filla Alba, contounos un conto moi bonito para que nos fixeramos amigas da oscuridade. Moitas grazas.

viernes, 5 de marzo de 2010

O NOSO CORPO

No noso corpo pasan un montón de cousas e non é sinxelo saber como e por que, por iso a partires da vindeira semana comezaremos a traballar co CORPO HUMANO para que dunha forma sinxela podamos aprender a coñecer o noso corpo e saber como funciona.
E para que xa vaiades entrando no tema, aquí tedes estes xogos sobre o MEU CORPO POR DENTRO.


QUE SORPRESA!!

Onte tivemos unha sorpresa moi especial, a profe Feli veu a nosa clase a ensinarnos un aparello moi estraño. Era un xogo que fixera un neno fai tempo e que ela recuperou para que nós xogaramos un rato con el. Foi unha experiencia fantástica.