jueves, 29 de abril de 2010

MENUDOS CONDUTORES!!!



Onte vivimos unha experiencia fantástica, na antiga estación do tren de Barallobre está situado o Parque de Educación Viaria de Fene. Alí ensináronnos as primeiras nocións teóricas e prácticas sobre este tema. Estivemos moi atentos as explicacións das monitoras e aquí tedes uns videos da nosa práctica. Que ben o pasamos!!!!




Si queredes ver as fotos e aos maiores conducindo ide a pequespazos ou a medrandoxuntos.

lunes, 26 de abril de 2010

APRENDEMOS A CONDUCIR


O xoves imos demostrar o bo condutores que somos pero para practicar temos este xogo. Pincha na imaxe e a xogar!!!

viernes, 23 de abril de 2010

INVENTAMOS CONTOS


Hoxe celebramos o día do libro e Chispa trouxo do Pais dos libros un montón deles e nós queremos regalarlle unha das nosas creacións: Inventamos contos. Esperamos que vos gusten, a nós gustounos moito facelos.




FELIZ DIA DO LIBRO

Hoxe celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. A orixe desta celebración débese a que o 23 de abril conmémorase o pasamento de dous escritores:


o español Miguel de Cervantes y Saavedra,




e o inglés William Shakespeare
.

Disfrutade deste día, como non, lendo un libro. Feliz día!!!


martes, 20 de abril de 2010

DÍA DA TERRA


O 22 de abril celebramos o 40 aniversario do día da Terra. Moitos habitantes do planeta toman conciencia dos serios problemas de contaminación que xeramos no noso planeta. No día da Terra estamos convidados a participar en actividades que promovan a saúde do noso planeta, tanto a nivel global como rexional e local.

Deixovos tamén un video cunha canción de Luz Casal
que espero que nos axude a concienciarnos do bonito que é o noso planeta e o feo que podemos chegar a deixalo.
Coidar o planeta é moi importante!!!






Tamén para pasar un rato entretido xogando podemos axudar a un paxariño cando cae da árbore para que non se faga dano. Espero que vos guste.



domingo, 11 de abril de 2010

POESÍA E IMAXE

Como cada ano participamos no Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe, promovido polo concello de Ferrol e pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.
A poesía que eleximos para ilustrar é a de Robert Louis Stevenson que tedes a continuación.




Antes de ilustrala traballamos sobre ela, a limos e conversamos sobre o que falaba, xogamos coas nosas sombras e experimentamos con elas, como crecían e minguaban, a cor da nosa sombra, a forma dela.....
Aquí tedes o resultado do noso traballo :




domingo, 4 de abril de 2010

XA É PASCUA!!!

Hoxe domingo de Pascua os padriños regálanlles aos seus afillados ovos de chocolate ou roscas. Para facelos é necesario que as galiñas poñan ovos, pero estas teñen un problema, axudaas a que non se lles rompan. Pincha na imaxe e a xogar!!!

Tamén podes axudar ao coello a coller ovos, pero so os que teñen estreliñas.



viernes, 2 de abril de 2010

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Como cada ano dende 1967, o 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, un día que, ademais de servir para facer chegar o amor polos libros aos máis pequenos, conmemórase o nacemento do popular escritor danés Hans Christian Andersen. Varios dos seus contos son moi coñecidos por todos nós, O patiño feo, O soldadiño de chumbo...

Como estamos de vacacións deixovos uns videos destes contos para que estedes entretidos.



Tamén escribiu contos menos coñecidos como As flores da pequena Adia que espero que vos guste.