viernes, 2 de abril de 2010

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Como cada ano dende 1967, o 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, un día que, ademais de servir para facer chegar o amor polos libros aos máis pequenos, conmemórase o nacemento do popular escritor danés Hans Christian Andersen. Varios dos seus contos son moi coñecidos por todos nós, O patiño feo, O soldadiño de chumbo...

Como estamos de vacacións deixovos uns videos destes contos para que estedes entretidos.



Tamén escribiu contos menos coñecidos como As flores da pequena Adia que espero que vos guste.


0 comentarios: