lunes, 31 de mayo de 2010

INVASIÓN DE GUSANOS


No cole temos unha invasión de gusanos de seda. Dos ovos do ano pasado sairon uns pequenos gusaniños que cada día están mais grandes e comen morera a todas horas. Este ano imos ver todo o proceso da súa transformación en volvoretas. Pinchade na foto do gusano si queredes saber máis.
Para pasar un rato xugando deixovos estos xogos, pinchade na imaxe de cada xogo e a xogar!!!




Podemos facer uns puzzles das diferentes etapas polas que pasa o gusano de seda. O puzzle pode ser moi sinxelo pero si queremos podemos complicalo. Intentade falelo o máis dificil posible, xa veredes que divertido é.




Como sei que vos gusta moito colorear aquí tedes a Bertín o gusaniño de seda para ser uns verdadeiros artistas.





viernes, 28 de mayo de 2010

A NOSA PRIMAVERA




A primavera está en todo o seu explendor, os campos están cheos de flores, e no noso cole tamén, estos días apareceron polo corredor un grupo de flores. Aquí tedes o proceso que realizamos para conquerir un campo tan florido.





sábado, 22 de mayo de 2010

A NOSA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS


Aínda que con un pouco de retraso, xa que tivemos que esperar aos de 5º e 6º que ían de excursión a Cantabria, celebramos na biblioteca a conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Nós preparamos esta poesía sobre o cuco que escribiu Uxío Novoneyra.


CANTA O CUCO, CALA E CANTA
DOS CASTIÑEIROS DO VAL.
PASA O TEMPO E NON DI NADA
E VOLTA O CUCO A CANTAR.




Aquí tedes a nosa actuación, a pena que só eramos catro pero nos saiu moi ben.



sábado, 15 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010




O día das Letras Galegas adícase ao escritor Uxío Novoneyra. Nós no cole, como cada ano, elaboramos entre todos os nenos e nenas de Educación Infantil a súa biografía. Esta é unha maneira divertida de coñecer a vida e obra do autor a quen se lle adica este día tan importante para a nosa lingua.
Aquí tedes o resultado.



domingo, 9 de mayo de 2010

FELIZ DÍA DE EUROPA

Hoxe conmemoramos o día de Europa. A orixe desta celebración a ten en que nese día Robert Schuman presentou unha proposta para a creación dunha europa organizada requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas.

Esta propuesta, conocida como Declaración Schuman, é considerada como o xermen da creación do que actualmente é a Unión Europea.

O 9 de maio convertiuse no símbolo europeo (día de europa), que xunto coa bandeira, o himno, o lema e a moeda única (euro) identifican a identidade política de Unión Europea.


Si tedes ganas de xogar un pouco podenes visitar medrando xuntos que alí a profe a Ana ten uns xogos moi divertidos. Teñen algunha dificultade pero coa axuda de amiores podedes xugar con algún.
Moi feliz día!!!

domingo, 2 de mayo de 2010

FELIZ DÍA MAMÁ

Moitas felicidades a todas as nais. Para celebrar este día decidimos facer un debuxo das nosas nais. Espero que vos gusten.