
No cole temos unha invasión de gusanos de seda. Dos ovos do ano pasado sairon uns pequenos gusaniños que cada día están mais grandes e comen morera a todas horas. Este ano imos ver todo o proceso da súa transformación en volvoretas. Pinchade na foto do gusano si queredes saber máis.
Para pasar un rato xugando deixovos estos xogos, pinchade na imaxe de cada xogo e a xogar!!!

Podemos facer uns puzzles das diferentes etapas polas que pasa o gusano de seda. O puzzle pode ser moi sinxelo pero si queremos podemos complicalo. Intentade falelo o máis dificil posible, xa veredes que divertido é.

Como sei que vos gusta moito colorear aquí tedes a Bertín o gusaniño de seda para ser uns verdadeiros artistas.






0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada