
Parece mentira que a partir duns anacos de papel metidos en auga e despois triturados consigamos facer papel no que podemos escribir, debuxar...
Moitas grazas á profe Feli que nos ensinou a facer papel reciclado. Xa nos ensinara cando eramos máis pequenos e só nos lembrábamos de certas cousas. Agora que xa somos un pouco máis grandes e prestamos máis atención recordaremos con máis facilidade todo o proceso que é moi sinxelo.
Recordade:
- Primeiro temos que facer anacos de papel e metelos en auga durante polo menos un ou dos días.
- Segundo, triturar coa batidora esa mezcla e xa está lista para facer o papel.
- Terceiro, temos que deixar secar o papel no periódico durante uns días e xa está listo para utilizar.





1 comentarios:
Grazas a vós por participar nesta actividade tan ecolóxica.
Estou moi contenta porque o fixestes moi ben.
Á encargada dese vídeo tan ben elaborado grazas tamén.
Biquiños de Feli.
Publicar un comentario en la entrada