viernes, 25 de junio de 2010

A MIÑA DESPEDIDA





Percorrimos xuntos un pedaciño das nosas vidas, pero agora debemos separarnos. É necesario que sexa así, pois cumprimos unha etapa e todos debemos seguir medrando.Vós comezades a Primaria e eu unha nova andaina noutro cole.


CINCO ANOS E MÁIS serviu como ventá para amosar aos demais o que faciamos no cole e tamén como unha ferramenta para adquirir dunha forma lúdica conceptos traballados na aula.
Este blog non existiría sen a axuda incondicional da profe Ana, que me ensinou todo o que sei. Moitísimas grazas Ana!!!
Moitos bicos e que gocedes das vacacións.
Déixovos unha serie de xogos
para seguir aprendendo.








Números para todos: Tedes que elexir primeiro o idioma, despois o nivel e por último pinchades no debuxo do que queredes xogar. Podedes contar, buscar o modelo, formar parellas ou colocar formas no lugar correspondente.




Animais da granxa e domésticos: Tedes varios tipos de actividades para xogar cos animais.



Xoga e aprende: Aquí atoparedes unha gran variedade de xogos educativos e outros para aprender xogando que é o que máis nos gusta.



Xogando coas formas: Xogo moi divertido para xogar coas formas. Tedes catro niveis de dificultade.




Diferenzas: atopade as seis diferenzas que hai entre os dous debuxos.






2 comentarios:

Ana dijo...

Non tes que darme as gracias.Ensineiche o pouco que sei e fuches unha alumna moi avantaxada. Gustoume moito traballar contigo estes catro anos e quero que saibas que che vou a botar moitísimo de menos.
QUÉROTE COMPI!!!!!!!!!!!!!

Ana dijo...

Ángeles me ha encantado tu despedida, la verdad es que me ha emocionado muchisimo.
Muchas gracias por habernos enseñado tantas cosas en estos tres años, no solo a Alba, también yo he aprendido muchas cosas contigo en las tutorias que teniamos de vez en cuando.
Nosotras no vamos a olvidar nunca esta etapa y siempre la recordaremos con mucho cariño.
Muchos besitos Ángeles y mucha suerte en tu nuevo cole.
Te echaremos de menos Alba, Marta y yo.

Nos vemos. Fdo Ana